15-sep-2008

Unidos

25-ene-2008

Todo vai cambiar!!!

Proximamente ... volverie con novas cousas. Perdoade pero todo este tempo foime imposible mirar para o blog. Adeus

23-jul-2007

Galiza Ceibe, Poder Popular!!!

Traslado do restos de Castelao, Nacionalismos ao Poder!

04-jul-2007

Prosperidade

Poñámonos en situación: un día de maio, no ecuador da campaña electoral das eleccións municipais, unha representación do BNG de Antas decídense a ir falar coa xente para recoller opinións sobre a actual situación do noso concello.
Todo empezou ben, ata que tocando ao timbre dunha casa nunha aldea situada no carazón da nosa fermosa vila, saiu un ancián de avanzada idade.
A conversa empezou e chegando a un punto, o mesmo ancián comentou que a actual situación de Antas ere boa; que aínda que tiveran que chegar a el mediante unha estrada chea de furados e atrancos (algo normal) o alcalde non podía atender a todos os veciños dado que eramos moita xente (2600 persoas tirando ao alto).
Non me quero imaxinar se fósemos tan so 10.000 personas, teriamos que andar por corredoiras e camiños de cabras.
A actual situación de Antas débese a 30 anos de deixadez e total abandono, e algúns ven unha situación de “prosperidade” e de moito e intenso traballo no concello.
A min particularmente gústame coller o coche e ir ao médico a Palas, ao instituo e o cuartel da Garda Civil a Monterroso,…
¿cal é o noso futuro? ¿Qué vai ser da xente moza no noso concello?
Pois o é o mesmo dende fai varios anos: que siga aumentando a nosa pobreza e que sexamos como inferno, ese lugar donde ninguén quere ir।


Xa levamos máis de 15 días dende que o alcalde tomou o poder e todo segue igual ou peor…

01-jul-2007

Djalminha, a lenda




Con esto comenzo unha serie de publicacións con videos dos grandes mitos do deportivismo.

03-may-2007

Os Fastos


Os Fastos

Os fillos escuros
do chao polvorento.
os fillos do polvo.
os fillos do vento,
ferís e envidiosos
dos gallegos feitos,
borraran os lastos
dos fortes galegos.

Os feitos borraran
dos fillos egregios
dos fillos dos celtas,
d’intrépidos peitos:
d'envidia movidos
borraran os feitos;
mas non borrano os peitos
dos fortes galegos.


Borraran os límites
do pobo galego,
dos fillos de Luso
os lazos rompendo;
borraran os nornes
dos pátridos eidos...:
mas non borrano a fala,
mas non borrano o genio,
mas non borrano o esp’rito
dos fortes galegos

Eduardo Pondal





27-abr-2007

III Foliada Melide

Despois dun ano traballando arreo chegou o momento de volver a Melide para disfrutar tocando, bailando, cantando,… O tempo pasa volando parece que aínda foi onte cando estábamos alí con xogos tradicionais como os zancos, billarda… mirando como mallaban, visitando os expositores e sen embargo xa fai un aniño. Un día enteiro alí metido da para moito, aburrir non te aburres, logo encontras a Raúl Galego ou outros calquera tocando por alí. A verdade e que eu mentres estaba alí so pensaba na noite porque despois da marcha gaiteira polo pobo tiñamos que tocar cada grupo unhas cantas pezas e eu levaba o saxo, para facer charanga tradicional. Subín a tocar cuns nervios impresionantes pero cando empezou sentín unha cousa no corpo (como cando Astérix toma a poción máxica) que me deu forza para seguir.
Cando foron as doce da noite chegou a verdadeira poción máxica: unha boa queimada galega que deu descanso a xente para despois seguir ata que o corpo aguantara.
Só pensar que queda uns días para que todo esto volva chegar ponme tolo e vos xa sabedes o día 29 sen falta alí no multiusos de Melide.


09-abr-2007

Bienvenu à Paris










23-mar-2007

Drinking The Night


A competencia e amistade non son incompatibles, dende Vilapasión mando un saludo moi especial a Peña Drinking the Night (DTN) de Meaño (Pontevedra): lugar de festa, música, viño, e sobre todo… xente “ghuapa” (como dirian unhas que eu sei). Bueno saludos para Myriam e Tere que permanecen no meu corazón francés (tamén no galego).